A Coral Polifónica do Casino do Carballiño ofreceu o pasado sábado 26 de setembro, a 37 edición do Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral. Trátase dunha actividade enmarcada dentro da celebración do 40 aniversario da agrupación, polo que xa tivo lugar un anterior concerto coincidindo coa Festa da Mimosa no casino.
As corais convidadas para esta nova edición do festival foron: Coral Annuba, de Salamanca; Orfeâo da Fundaçâo Alord, de Paredes-Porto; e a Coral Caetanense de Cantanhede, de Coimbra.
Actual Coral Polifónica do Casino do Carballiño, na misa de Reis na Veracruz, neste ano.
O Festival tivo lugar ás 20,30 horas, no salón de actos do Casino do Carballiño, con entrada totalmente libre. As 150 persoas integrantes das catro corais participantes celebraron unha cea de confraternidade, e o domingo asistiron á misa das 12,30 horas, na Veracruz, en memoria de todos os coralistas e directores falecidos.
Este é un blog, no que escribirei como ocio, todos os acontecementos e cousas rechamantes sucedidas (no Carballiño e os seus arredores) sobre o ámbito musical. Espero que vos guste.
30 de out. de 2019
Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario