30 de out. de 2019

Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral


A Coral Polifónica do Casino do Carballiño ofreceu o pasado sábado 26 de setembro, a 37 edición do Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral. Trátase dunha actividade enmarcada dentro da celebración do 40 aniversario da agrupación, polo que xa tivo lugar un anterior concerto coincidindo coa Festa da Mimosa no casino.
Resultado de imagen de coral do casino do carballiño
Actual Coral Polifónica do Casino do Carballiño, na misa de Reis na Veracruz, neste ano.
As corais convidadas para esta nova edición do festival foron: Coral Annuba, de Salamanca; Orfeâo da Fundaçâo Alord, de Paredes-Porto; e a Coral Caetanense de Cantanhede, de Coimbra.

O Festival tivo lugar ás 20,30 horas, no salón de actos do Casino do Carballiño, con entrada totalmente libre. As 150 persoas integrantes das catro corais participantes celebraron unha cea de confraternidade, e o domingo asistiron á misa das 12,30 horas, na Veracruz, en memoria de todos os coralistas e directores falecidos.

BANDA DE MÚSICA O CARBALLIÑO 2019

Video de recordo, dun bonito e agradable concerto da banda escola de música do Carballiño, dirixida polo mestre Juan Soto Arias, nas festas do San Cibrán o 14 de setembro do 2019.


2 de out. de 2019

PRESENTACIÓN DO BLOG


Resultado de imagen de musica
Este é un blog, no que escribirei como ocio, todos os acontecementos e cousas rechamantes sucedidas (no Carballiño e os seus arredores) sobre o ámbito musical. Espero que vos guste.