Música de Sofá, un ciclo de concertos na rúa que se celebra tódolos anos en Carballiño dende agosto, recolle a numerosos grupos que actúan durante toda a tarde e parte da noite. Déixovos aquí un video do grupo Andoa en ditos concertos.
Este é un blog, no que escribirei como ocio, todos os acontecementos e cousas rechamantes sucedidas (no Carballiño e os seus arredores) sobre o ámbito musical. Espero que vos guste.
17 de dec. de 2019
Gallaecia Big Band no Carballiño
Video de reecordo dun emotivo concerto realizado pola gran orquesta jazzera Gallaecia Big Band, do ano 2016:
Os Liborianos
E por último imos falar da charanga Os Liborianos, a máis antiga e numerosa do Carballiño, con máis de 40 músicos que actúan tadicionalmente no entroido do carballiño como unha comparsa máis. Destacan polas coplas satíricas coas que innovan ano tras ano. Deixo aquí algunhas fotos deles:
![]() | ||||||||||||||||||||||||
Os Liborianos pousando en 1954, ano da súa creación. |
![]() |
Os Liborianos en 2019, desfilando pola rúa principal. |
Charanga Catro Bello
Video da interpretación de "Agarrate Saxo" por unha das charangas con máis repercusión no Carballiño. OOOOLE!!!
16 de dec. de 2019
Charanga Doctor Anchoa O Carballiño
E aquí outro video doutra das charangas máis notables e carismáticas do Carballiño, trátase nin máis nin menos, que da Charaga Doctor Anchoa!
Charanga CLK do Carballiño
Actuación dunhas charangas mas notables notables do Carballiño, como pode ser a famosa charanga CLK (Charanga Licor Kafe), que leva percorridas centenares de festas e romarías, e as que lles quedan. Bravísimo!!!
Fermoso Recordo do IES Nº1
Neste video podemos apreciar a presenza de antigos alumnos e profesores, xunto cun algúns alumnos actuais, compartindo as súas voces nunha dulce e fermosa armonía. Bravo!
Resumo da Santa Cecilia do Sagrado Corazón do Carballiño
Grabación de discos de grupos musicais!
A Concellería de Cultura do Carballiño aposta pola música local financiando a gravación de temas de grupos e solistas locais co obxectivo de axudar a promocionalos. Un total de trece participaron nesta iniciativa que consistiu na edición, nun estudo de gravación profesional, dunha canción de cada un deles. O resultado pódese escoitar e descargar a través da plataforma Youtube no perfil Cultura Concello Carballiño.

Grupos como 4Mal Quartet Jazz, Acuario Sonoro, AT de Ton, Hiddenside, Nefta Le ou The Jezz Trío forman parte deste proxecto. Trátase de grupos e solistas cuxas traxectorias abarcan un amplo abanico de estilos, desde jazz a rock pasando por blues, country, indie, pop, rap ou funk. En moitos dos casos contan xa cunha discografía editada pero para algúns é a primeira vez que teñen a oportunidade de gravar un tema de forma profesional, algo que pode axudarlles notoriamente á hora de ser escoitados e de darse a coñecer no mundo musical.
Inclúe temas en galego como A miña familia do grupo Impacto de Varsovia ou Ou meu barco de Roberto Sobrado ou en castelán como Vida de Bengala de Nube Kingston ou Circo da mediocridade de Soños de *Ítaca. Todos eles incluídos na lista de cancións que agora poden escoitarse na plataforma líder en reprodución de música e vídeo a nivel mundial. Unha iniciativa que pode abrirlles portas a estes carballiñeses tanto dentro como fose do país.

Grupos como 4Mal Quartet Jazz, Acuario Sonoro, AT de Ton, Hiddenside, Nefta Le ou The Jezz Trío forman parte deste proxecto. Trátase de grupos e solistas cuxas traxectorias abarcan un amplo abanico de estilos, desde jazz a rock pasando por blues, country, indie, pop, rap ou funk. En moitos dos casos contan xa cunha discografía editada pero para algúns é a primeira vez que teñen a oportunidade de gravar un tema de forma profesional, algo que pode axudarlles notoriamente á hora de ser escoitados e de darse a coñecer no mundo musical.
Inclúe temas en galego como A miña familia do grupo Impacto de Varsovia ou Ou meu barco de Roberto Sobrado ou en castelán como Vida de Bengala de Nube Kingston ou Circo da mediocridade de Soños de *Ítaca. Todos eles incluídos na lista de cancións que agora poden escoitarse na plataforma líder en reprodución de música e vídeo a nivel mundial. Unha iniciativa que pode abrirlles portas a estes carballiñeses tanto dentro como fose do país.
15 de dec. de 2019
A Gran Gala de Circo

A Gran Gala de Circo da compañía Pistacatro, terá lugar o domingo 15 ás 18,00 h. A entrada para este evento, que se leva a cabo dentro da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia, será de 3,50 euros. Un importante elenco de artistas porá en escena un dos mellores espectáculos da variedades que se poidan ver: malabares, acrobacias, sketchs de humor… e como non, a música xogara un papel importante.
Non faltedes!!!
Concerto de Nadal da Banda de Vilatuxe e a Coral Polifónica do Casino

O Concerto de Nadal que se ofreceu o sábado 14 , foi conxuntamente entre a Coral Polifónica do Casino do Carballiño e a Banda de Música de Vilatuxe, comezou ás 20;00 , coa entrada totalmente libre e de balde. Felicitacións polo expléndido concerto!!
13 de dec. de 2019
Celebración do día da Hispanidade

O pasado 12 de outrubro no Carballiño, celebrouse o día da hispanidado no templo da Veracruz. Participaron as autoridades do noso concello e doutros concellos, a garda civil do carballiño e todos os fieis de de nosa villa.
A celebración empezou coa procesión contorna á beira cruz para logo compartir, xunto ao coro do casino do carballiño e a banda de vilatuxe, a misa en honra á nosa nai do ceo, a virxe do pilar.
Contouse coa colaboración da Coral Polifónica do Carballiño máis algúns membros da Banda de Vilatuxe, que como non, interpretaron numerosas canciones como o Himno de España.

Música e Viños en Cabanelas!
O pasado 24 de novembro, celebrouse a famosa festa do viño de Cabanelas, onde como non, estivo unha das charangas máis notables do Carballiño: a charanga "CLK".



11 de dec. de 2019
Santa Icía 2019 Banda do Carballiño
O pasado sabado 23 de novembro, a mismísima Banda Escola Municipal do Carballiño, celebrou o día de Santa Icía facendo o tradicional concerto na misa das 7 da tarde, e logo mandáronse unha boa cena no bar plaza. Menudos larpeiros!!😜🤤
![]() |
Interior do Templo da Veracruz, onde tivo lugar a misa acompañada da banda. |
Música de Vilatuxe no Carballiño
Unha vintena de músicos da banda lalinense colaborou na grabación do cuarto disco da Coral Polifónica do Casino. A grabación foi o pasado domingo, no Auditorio Manuel María do Carballiño, adicándolle un gran esforzo e ilusión fusionando a musica tradicional desta banda coa riqueza dunha boa coral como e a Coral Polifónica do Carballiño.


Subscribirse a:
Publicacións (Atom)